top of page

O equipo Pub Mytho proclámase campión da I Liga de Fútbol Sala de Melide

A competición, que arrincou en decembro do ano pasado, contou coa participación de sete equipos


Laura Moure/Melide

O equipo do Pub Mytho proclamouse campión da I Liga de Fútbol Sala de Melide rematada onte, 30 de marzo. Na competición, que arrincou o día 1 de decembro, tomaron parte un total de sete equipos de Melide e da súa contorna. Tratouse do primeiro evento destas características para un deporte de ampla tradición local como é o fútbol sala.

Esta liga, organizada polo Concello de Melide e coa colaboración de Club Melide F.S, foi recoñecida polo seu carácter social e inclusivo pola Federación Galega de Fútbol Sala. É a única competición deste tipo amparada en Galicia pola Federación. A participación estivo aberta a todas as persoas que así o quixeron, independentemente do seu xénero ou idade.


O edil de Deportes, José Prado, amosou hoxe a súa satisfacción pola celebración do campeonato, que valorou como “un exito con total normalidade e con plena satisfacción por parte dos xogadores de todos os equipos, que me transmitiron a súa ilusión por poder participar na Liga”. Para o goberno local, é salientable o bo ambiente en que discorreu en todo momento a competición e cómpre valorala moi positivamente.


A vindeira semana dará comezo a Copa de Fútbol Sala, que se desenvolverá ao longo de tres xornadas de mércores e unha cuarta en fin de semana con partidos eliminatorios.

Komentar


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page