Os dezanos Manolo Novoa, José Vázquez, Óscar Otero e Felipe Iglesias impuxéronse nesta competición de resistencia tras tres carreiras de seis horas
Laura Moure/Deza
O equipo lalinense Novoa García Cars, formado polos pilotos dezanos Manolo Novoa, José Vázquez, Óscar Otero e Felipe Iglesias, proclamouse onte ganador da Copa Dale Zapatilla tras vencer na proba celebrada este domingo no Circuíto Choqueiro, en Viña (Ourense).
Esta competición de resistencia en circuíto, na que participaron preto de medio cento de vehículos, constou dun total de catro probas de seis horas de duración, das cales tres disputáronse no Circuíto Choqueiro, na localidade ourensá de Viña, e unha no Circuíto Kotarr, na localidade burgalesa de Tubilla del Lago.
O equipo lalinense, que competía cun Seat Arosa preparado no taller lalinense Novoa García cun “swap” dun Audi A3 1.8, recibirá como premio unha viaxe a Alemaña para correr no circuíto de Nürburgring.
Коментарі