Mañá xogará a final en Cangas e irá ao Campionato de España
Laura Moure/Rodeiro
O Balomán Rodeiro está de noraboa. O equipo infantil feminino, adestrado por Paco Aguiar, gañou este sábado o partido de semifinais enfrontándose ao superar ao Faro de Vigo Carballal en Cangas (17-21). En concreto, disputou o primeiro partido da fase final na categoría Oro da liga galega. Esta victoria permítelle xogar a final mañá, domingo, ás 13:00 horas en Cangas.
"Esta victoria confirma o que era unha realidade. O noso equipo está entre os dous mellores de Galicia", indica o alcalde do municipio, Rubén Quintá. "E tamén confirma a presenza do equipo no Campionato de España. Moitos parabéns á familia do Balonmán Rodeiro e en especial a este equipo. Estamos moi orgullosos de vós", engade.
O equipo gañador.
Autor: Brais Míguez.
Comments