O equipo feminino do GTR, medalla de bronce no campionato por clubs do Desafío Oia
- ecosdacomarca
- 22 mar 2023
- 1 Min. de lectura
Participaron un total de 19 deportistas do club lalinense e o corredor Vicente Agulló
foi Campión Galego Promesa
Ecos da Comarca/Deza
Esta pasada fin de semana, un grupo de 19 deportistas Galaico Trail Run (GTR) desprazouse ata Oia para desputar o Desafío Oia. O club lalinense conseguiu levar unha representación numerosa ás terras do Baixo Miño e participou con equipo masculino e feminino (que se conforman con oito deportistas cada un).

A proba de 21 quilómetros presumía de ser un recorrido moi duro e técnico, cuns 1.500+ e con subidas de vértigo e baixadas de infarto que deixou pegada nas pernas dos corremontes que alí se deron cita. Así é, que o equipo feminino acadou a medalla de bronce no Campionato por Clubs e conseguiu así volver subir ao podio por segundo ano consecutivo. Destacar tamén que Vicente Agulló foi nomeado Campión Galego Promesa.
Así mesmo, Patricia Varela levou o bronce na categoría absoluta e Alina Cimpean a prata na categoría máster 40.
Por outra banda, Renato participou na proba de 37 km, na que fixo un tempo de 6h e 01
minutos; e Juan Ramón López, correu a distancia de 12 km e quedou 8º na categoría absoluta.
Comments