top of page

O equipo feminino do GTR logra a prata no Campionato Galego de Carreiras por Montaña de Clubs

Na proba de Parada do Sil debutaron dous novos corredores na categoría de cadetes,

na que acadaron a prata e o bronce e o clube tamén estivo e Transculcania, EcoCamiño e Cross de Santiso


Ecos da Comarca/Deza

O domingo 23 de outubro levouse a cabo en Parada do Sil o Campionato Galego de Carreiras por Montaña de Clubs, no marco da XV Carreira Cañón do Sil. Unha cita marcada polo mal tempo, pero a vez foi unha proba moi fermosa polas súas paisaxes, o seu entorno e os sendeiros que brinda. É unha carreira destacada polos seus 33 km e 2.200+, cunha importante subida ó Meda. Ata Parada do Sil trasladouse un bo número de deportistas do Galaico Trail Run para correr tanto a distancia longa como a curta de 17 quilómetros, na que Juan Bendoiro logrou a medalla de bronce.

"Desde o Club destacamos a segunda posición acadada polo equipo feminino do Club na proba de 33 quilómetros, ao que felicitamos por esa máis que merecida prata. Así mesmo, debutaron dous novos corredores na categoría de cadetes, Victor Bouzas e Samuel Otero, que se suman aos xa coñecidos Vicente e Sergio. Os dous novos estreáronse subindo ao podio en cadetes, nun segundo e terceiro posto".


Por outro lado, os galaicos Gustavo González e Manuel Conde correron a maratón e o ultra,

respectivamente, na Transvulcania (Illas Canarias). O ultra abarcou 75 quilómetros de distancia e 4.735+, transcorrendo dende o Faro de Fuencaliente, pasando pola Ruta del Bastón ata o Puerto de Tazacorte. Nesta proba, o noso deportista Conde acadou a terceira posición na súa categoría. Por outra parte, o maratón tiña unha distancia de 45 km e 2.816+, empezando en El Pino de La Virgen (El Paso), pasando tamén polo Puerto de Tazacorte e finalizando na meta de Los Llanos de Aridane.


Gustavo González afirma que "é unha carreira moi dura" e recoñece que “acabei sufrindo máis da conta, quizais a altura me xogou unha mala pasada”.


Cross de Santiso e EcoCamiño

Nesta fin de semana, tamén numerosos deportistas asistiron ao Cross de Santiso, unha proba que estivo parada durante varios anos. Esta carreira sae de Visantoña, percorre todo o pantano e remata no mesmo sito, cun bo avituallamento. "Destacamos a Cristóbal Dafonte, que conseguiu o 5º premio na xeral (nesta proba entréganse ata 5 medallas), e 4º na categoría máster A. Así mesmo, Andrea Vázquez tamén chegou 3ª na categoría sénior, e Marga Blanco, 3º na categoría veterana.

Finalmente, Andrés Vaamonde participou no EcoCamiño (49 km), na que estivo loitou ata o final por entrar no podio, pero quedouse as portas cunha cuarta posición. "Moitos parabéns galaico. Dende o Club felicitamos a todos os deportistas por deixar o GTR en tan boa posición e por tanta asistencia en diversas probas".

0 comentarios

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page