top of page

O Equipo Feminino de GTR Galaico Trail Run, Campión Galego de Carreiras por Montaña

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Deza

Onte, domingo 9 de febreiro, o GTR Galaico Trail Run participou na lX Carreira por Montaña A Camelia na localidade de Vedra, este ano Campionato por equipos de CxM e primeira proba da Copa Xunta de Galicia de CxM. Unha dura proba de 32 quilómetros con 1700 m. de desnivel positivo. O equipo feminino de GTR Galaico Trail Run foi o Campión Galego de Carreiras por Montaña.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Os resultados foron moi bos a pesar dun durísimo día de auga e lama a esgalla durante toda a carreira, tal e como confesa o clube.

En Féminas as Galaicas acadaron o primero posto conseguindo ser as Campionas Galegas de Carreiras por Montaña, grazas o 2º posto de Tamara García, veciña de Dozón; 3º Alina Cimpean e 16º Patricia Montoto que conseguía cerrar a puntuación, aínda así para asegurar o pódium tamén chegaron a meta Lucía González e Andrea Vázquez.


En homes non defraudaron e acadaron o 5º posto repetindo o do ano pasado, os catro primeiros que puntuaron foron Bruno Ferradás, Manu Gómez, Manuel Golmar e Salva González, aínda así tamén remataron a proba Óscar Lugris, Toni Taboada e Manuel Conde.


Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

"A suma dos tempos fixo que conseguiran tamén para o clube o 3º posto por equipos mixto de gran valor pois implica o forte que está nas competicións o conxunto do equipo.

O resto dos Galaicos tamén acadaron bos postos nas outras distancias, destacando a Belén Riádigos 1ª no Trail das Fervenzas de 14 quilómetros e 530+", destaca o club.


Dende o EQUIPO DE ECOS DA COMARCA: Moitos parabéns!!


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page