O rexedor, Eloy Pérez, fixo unha visita ás instalacións acompañado pola concelleira Jessica Rodríguez
Laura Moure/Monterroso
O alcalde de Monterroso, Eloy Pérez, acompañado da concelleira Jessica Rodríguez, fixo unha visita ao centro de día municipal, onde foron recibidos pola súa coordinadora, Esther Rodríguez. O equipo de Goberno do Concello de Monterroso aproveitou a visita para saudar aos usuarios e usuarias que actualmente asisten ao centro, que presta atención de luns a venres de 9:00 a 19:30 horas.
Ademais, o rexedor e a concelleira mantiveron unha xuntanza de traballo coa coordinadora do centro na que se interesaron polos necesidades e funcionamento do mesmo. O equipo de goberno comprometeuse a estudar as peticións que lles trasladou Esther Rodríguez, relacionadas co mantemento do centro público.
20 prazas
Actualmente o centro de día municipal ten ocupadas 16 das súas 20 prazas e ofrece media xornada e xornada completa. Ata as instalacións, situadas na Rúa Asociación Cultural Falcatrueiros, achéganse de luns a venres maiores de Monterroso, tanto da capitalidade como das aldeas, así como veciños e veciñas doutras localidades próximas aos que tamén se lles presta atención.
Publicidade
O centro ofrece unha atención integral aos seus usuarios con servizos de comedor, actividades culturais, de ocio, de animación e tempo libre.
A visita forma parte dos encontros que o Goberno local está realizando aos espazos públicos nos que se prestan servizos municipais para coñecer o seu funcionamento e demandas.
Comments