Envorca o camión dunha orquestra cuxos donos son de Palas de Rei
- ecosdacomarca
- 11 jul 2024
- 2 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Palas de Rei
Un camión envorcou este xoves en Santiago de Compostela. O accidente rexistrouse minutos despois das 9:30 horas e as persoas resultaron feridas leves, tal e como informa o 112 Galicia.

Envorcou en Santiago cando circulaba polo quilómetro 4 da DP-0701, situado na parroquia de Fecha. O condutor e o seu acompañante, únicos implicados, conseguiron saír ao exterior polos seus propios medios e foron atendidos con feridas leves.
Publicidade
Os axentes da Garda Civil de Tráfico sinalaron a necesidade de interromper o tráfico no punto: cando envorcou, o camión levou por diante un poste eléctrico xunto cuns cables que tamén era necesario retirar.
Publicidade

Ata o lugar desprazáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Santiago, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada, así coma un técnico da empresa encargada da subministración eléctrica na zona. Trátase da orquesta Alianza cuxos donos son dous empresarios de Palas de Rei, aínda que como especifica un deles, a base da orquestra e o ensaio están en Vilagarcía de onde son a maioría do membros da formación musical. Dirixíanse para actuar en Baio, Zas ( A Coruña).
"Veciños e veciñas: debido a un desafortunadísimo evento, vémonos na obriga de cambiar a @orquesta_alianza, sustituida por @alboradatriomusical na sesión vermú e por @loscoleguitasoficial nesta noite de verbena. Antes de nada, desexarlle moito ánimo aos integrantes de Alianza, que todo vaia ben e que non haxa ninguén mancado. Como se poden ver nas fotos, a Orquesta tivo un accidente chegando a Baio. De novo facemos fincapé no ánimo á Alianza, agradecémoslle o traballo e sabemos que todo lles irá ben. Polo resto, vémonos hoxe!!! QUE VIVA SANTA BÁRBARA!", sinalan dende as Festas de Baio
Commenti