top of page

O encontro de artistas e artesáns CrucesArte chega esta fin de semana a Vila de Cruces

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Arredor de 275 creadores daranse cita no Auditorio Municipal Xosé Casal


Laura Moure/Vila de Cruces

O encontro de artistas e artesáns CrucesArte chega esta fin de semana a Vila de Cruces cun denso programa no que se reunirán arredor de 275 creadores das artes plásticas, escénicas, musicais e literarias. “É unha xuntanza de todo o talento local, unha singular iniciativa que ofrecerá senllos programacións o sábado e o domingo onde os cruceños poderemos compartir un extraordinario espectáculo e acreditar a notable creatividade da nosa xente”, tal como destaca o alcalde cruceño, Luís Taboada. Unha vez máis será presentado por Mercedes Seijo, que destaca que se trata dun evento “marcado” no calendario. “Presentar o CrucesArte é algo que fago con moito gusto porque é unha honra para min”, engade.

Entre a morea de artistas participantes, figura como convidada nesta décimo terceira

edición a poeta Rosalía Morlán, secretaria da Fundación Neira Vilas. Un dos poemas que vai recitar o sábado pertence ao seu libro “Cando o avó esqueceu o meu nome”, obra

dedicada á enfermidade do Alzhéimer e baseada na súa propia vivencia con seu pai.


“Escribo moito por sentimento, todo o que me toca a fibra e o corazón acaba convertido

en poema. Os versos búscanme a min. Cando foi o tráxico accidente ferroviario de

 Angrois en 2013, eu estaba a escribir Nas rúas de Compostela e tiven que deixalo, porque

eu, que son enfermeira, estaba de garda. Non chove en Santiago, son bágoas”, tal como

explica a autora de textos tanto para adultos como para nenos. Morlán, que agradece

“moitísimo” ao Concello que conte con ela para este evento, afirma que é un “gran

exemplo” do medio rural. “CrucesArte é un festival onde se mesturan artistas moi

diversos. É un gran acerto porque o Concello pon en valor a súa propia veciñanza e

achega a cultura ao pobo”, conclúe.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Sábado, 30 de novembro. A partir das 17:00 horas

Inauguración da Exposición de Artes Plásticas. Artistas participantes: Santiago Tato, A Solaina, José Sesto, Miguel Rmos, Estela Quintáns Fernández, Lucía Dubra, Natalia Santiso, Elena Ferro, Manolo O Ferreiro, Jesús Suárez, Suso de Carbia, Bernardino Mendoza, Óscar Vilar, Sergio Mella, Belén Parcero, Norma Berros, Amable Cea, Alumnas Curso de Bolillos de Piloño, Lucía Peiteado, Asociación Mulleres Rurais de Caamanzo, Lois Domato e Luis Cea.

 

A Arte nas Letras: Fundación Neira Vilas, Iria Anido, Ofelia Gres, Manuel Núñez Fiuza, Xosé Carlos Carracedo, Nano O netiño de Naveiro, Consuelo Souto Duarte, Fátima, Candela e David Troncoso Borrego.


 A partir das 19:00 horas actuación dos grupos: Banda Xuvenil da Artística de Merza, Coral San Salvador de Camanzo, A Brincadeira de Carbia, Voces da Terra, Grupo de Acordeóns de Vila de Cruces, Estraloqueiras, Isma Vázquez, Vainela de Salgueiros e Xuntounos ela.

 

Domingo, 1 de decembro. A partir das 18:00 horas

Actuación dos grupos: Coral Polifónica de Piloño, Grupo de Baile Punteirolo, Os KolasKolas, O Arco de Merza, Grupo de Zumba de Cumeiro e Camanzo, Punteirolo de Tabernas, Saleta, Os da Telleira e Cesáreo Torres.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page