O embaixador do Xapón en España, Takahiro Nakamae, será o pregoeiro da 57ª Feira do Cocido
- ecosdacomarca
- 23 dic 2024
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Lalín
O embaixador do Xapón en España, Takahiro Nakamae, será o pregoeiro da 57ª Feira do Cocido de Lalín. Así o anunciou esta fin de semana o alcalde José Crespo, acompañado da tenente de alcalde Paz Pérez, e do concelleiro de Turismo Avelino Souto.

Publicidade

Publicidade
Será a primeira vez que un diplomático dun país importante do estranxeiro dea o pregón da Feira, e coa aceptación de Nakamae á proposta de Crespo, a Feira abonda na súa internacionalización tendo en conta que Xapón é cuarta potencia económica mundial e ademáis un país con grandes posibilidades turísticas, sobre todo, no que ten que ver co Camiño xacobeo, podendo tamén co tempo orixinarse sinerxias positivas entre a Feira do Cocido e o país do sol nacente.
留言