top of page

"O edificio polivalente de Camba é un mausoleo tan ridículo como a Cidade da Cultura", sinala o PSOE

Os socialistas tamén o comparan co aeroporto sen avións de Castellón

Ecos da Comarca/Rodeiro

O PSOE de Rodeiro sinala que "continúa constatando que o goberno local, en mans do PP, segue a converter as obras nun problema en vez de nunha oportunidade". Así, o secretario xeral local dos socialistas, José Luis Camiñas, considera que "só se pode calificar de desfeita o que está ocorrendo co mal chamado edificio polivalente, que el cree que debería bautizarse como «mausoleo nada polivalente".


Camiñas, que defende que se invista no centro urbano de Rodeiro "con sentido e facendo obras de proveito para os veciños", non entende que sete anos despois de terse iniciado a construción dun edificio onde antigamente estaban as casas dos mestres, os veciños sigan sin saber que uso exacto se lle vai dar ás instalacións, máis alá de que nunha parte delas se vaia dar cabida ao punto de atención á infancia. "Como se pode empezar a casa polo

tellado e facer un edificio sen ter claro para que vai servir? É que nos sobran tanto os cartos como para construír ao tolo sen reflexionar primeiro sobre o que precisamos?", indica. Camiñas sinala que se o goberno local "tivera ben plantexada a obra ese edificio podería cubrir necesidades sangrantes no municipio, como a falta dun centro de día público para os maiores. Sen embargo, a realidade é que a obra leva consumido un orzamento de 500.000 euros sen que a súa finalidade estea clara e coa sospeita enriba de que boa parte do edificio quedará inutilizado. E que agora se pretenden investir 200.000 más cando segue sen aclararse para que vai servir o edificio. Co cal o burato negro do mausoleo ascendería xa a 700.000 euros", recalca.

Nesa liña, os socialistas denuncian "o empecinamento actual do goberno local en investir outros 200.000 euros do Plan Concellos da Deputación en seguir engordando ese mausoleo. Trátase duns cartos que poderían ser investidos tanto noutras necesidades da zona urbana como no rural de Rodeiro", indica Carmiñas.


Ao PSOE chámalle a atención que o goberno local queira investir os cartos da Deputación, que case todos os concellos destinan a mellorar infraestruturas básicas, nesa obra "faraónica". "E, sen embargo, que a Xunta de Galicia, que fai obras similares en otros moitos municipios, como o veciño concello de Dozón, onde vai financiar unha residencia para a terceira idade, en Rodeiro non invista actualmente un só euro no edificio polivalente. Da a sensación de que a propia Xunta, da mesma cor política que o goberno de Rodeiro, non confía nos seus representantes locais e xa non quere investir nunha obra que, salvo sorpresa maiúscula, está destinada a quedar practicamente sen uso ou a ter unha utilización residual, lonxe das necesidades primordiais da veciñanza. Deulle unha axuda inicial de 200.000 euros e despois esqueceuse do edificio", sostén Camiñas.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

O PSOE lamenta que esta situación, "que polo custo que ten para un Concello coma Rodeiro é equiparable ao despilfarro e ridículo que supuxo a construción dun aeroporto sen avións en Castellón ou a unha Cidade da Cultura sen contidos en Santiago de Compostela". Camiña remata sinalando que "se xa é moi grave que o edificio leve consumidos 500.000 euros e se queiran investir 200.000 máis sen que a obra siquera estea ao 50 %, moito peor é pensar que eses cartos posiblemente queden aí enterrados e sen uso. Non só se están despilfarrando fondos públicos, senón que se está perdendo a oportunidade de investilos noutras necesidades moi grandes que ten a zona urbana e rural do Concello".


E incide "nós teremos mausoleo mentres Dozón inaugura unha residencia e outros municipios contan con centro de día para os maiores ou, por exemplo, con espazos dináminos para a xente moza, vivendas sociais para as persoas con menor renda ou viveiros de empresas nos que dar cabida a novos emprendedores. En Rodeiro, só obra faraónica".


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page