Trátase dun evento que combina deporte, cultura, historia, gastronomía e e corresponsabilidade
Laura Moure/Melide/Palas/O Pino
O salón de plenos do Concello de Melide acolleu este mércores a presentación do Ecocamiño. Trátase dun evento que combina deporte, cultura, historia, gastronomía e ecorresponsabilidade. Celebrase entre os concellos de Sarria, Portomarín, Palas de Rei, Melide, Arzúa, O Pino e Santiago de Compostela os días 21 e 22 de outubro.
No evento de presentación estiveron presentes, Antonio Leira, deputado de Deportes e
Mocidade da Deputación de A Coruña, José Manuel Pérez, alcalde de Melide, Carmen
Liñeira, concelleira de deportes de Melide, así como Rodrigo González, concelleiro de
Palas de Rei e membros da organización.
O evento reunirá a 250 participantes de todas as comunidades autónomas españolas e
contará con dous formatos: un trazado de 110 quilómetros entre Sarria e Monte do Gozo,
que pasará por Melide, e outro que partirá dende o cantón de San Roque de Melide e
percorrerá os 48 km que o separan do Monte do Gozo.
Publicidade
Os participantes inscritos na proba contan con varias modalidades, dende equipos de 3
persoas que deberán percorrer xuntos todo o percorrido de 110k de distancia ata a
Ekiden, coa posibilidade de realizar 6 relevos e na que participarán un mínimo de 3
persoas. A variante con saída en Melide e chegada ao Monte do Gozo, con 48 km de
distancia, presenta dúas modalidades: correndo ou marcha nórdica.
Publicidade
Para o alcalde de Melide, José Manuel Pérez, “é de agradecer que Melide sexa escollido
de novo como lugar de presentación dun evento que contribúe a difundir a nosa cultura,
patrimonio e gastronomía, atraendo a familias de participantes a pasar unha fin de
semana no noso concello”.
Comments