top of page

O DOG publica o acordo de reestruturación parcelaria da zona de Val de Camba, en Rodeiro

Esta reorganización territorial afecta unha superficie total de 1.854 hectáreas, propiedade de 722 veciños


Ecos da Comarca/Rodeiro

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe o anuncio da Consellería do Medio Rural polo que se aproba o acordo da reestruturación parcelaria da zona de Val de Camba, no concello pontevedrés de Rodeiro, que afecta 1.854 hectáreas.


Este paso supón a determinación dos predios de reemprazo cos novos titulares, coa superficie resultante da reorganización e coa nova clasificación da terra. Así, reorganizáronse un total de 7.529 parcelas en 1.724 predios.


Contra esta resolución, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural, dentro do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da notificación persoal ou publicación substitutiva, é dicir, no Diario Oficial de Galicia ou no Boletín Oficial del Estado.

Un dos encontros para avanzar nesta concentración parcelaria.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page