top of page

O DOG publica hoxe os decretos de nove concentracións parcelarias, entre estas en Melide e Touro

En concreto, nestes concellos son as de Baltar-Golán-Grobas e as dos Montes de Fao e Novefontes e todas estas decláranse de utilidade pública


Laura Moure/Melide/Touro

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe os decretos da Consellería do Medio Rural polos que se declaran de utilidade pública as concentracións parcelarias de Montes de Fao e Novefontes (Touro), Lamas-Loureda-Sergude-Vigo (Boqueixón), Herbón (Padrón), Freixeiro (Santa Comba), Castenda (Tordoia), Baltar-Golán-Grobas (Melide) e as de Arcillá-Bestar-Vilar-Sisoi, Lamas e Roás (as tres en Cospeito). Deste xeito, mediante a concentración global de máis de 8.900 hectáreas relativas a estes nove procesos, veranse beneficiados máis de 5.600 propietarios.

Así, cómpre indicar que estes nove decretos de concentración parcelaria decláranse mediante a Lei de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia (Metaga), que busca aumentar a base territorial das explotacións e reducir considerablemente os seus custos de produción.


Por iso, os nove procesos foron solicitados por titulares de explotacións e apoiados polos respectivos concellos. Falamos, en total, de 562 explotacións activas situadas nestes municipios, de aí a necesidade de reorganizar o territorio para mellorar as condicións estruturais, técnicas e económicas das explotacións agrarias da zona.


Desta forma, reestruturarase a superficie que comprende estes procesos, que no caso da zona de Montes de Fao e Novefontes (Touro) son 725 ha de 681 veciños; en Lamas-Loureda-Sergude-Vigo (Boqueixón) son 1.941 ha de 1.195 veciños; en Herbón (Padrón) son 348 ha de 997 veciños; en Freixeiro (Santa Comba) son 1.677 ha de 706 veciños; en Castenda (Tordoia) son 1.209 ha de 510 veciños; en Baltar-Golán-Grobas (Melide) son 1.117 ha de 335 veciños; en Arcillá-Bestar-Vilar-Sisoi (Cospeito) son 885 ha de 479 veciños; en Lamas (Cospeito) son 527 ha de 301 veciños e en Roás (Cospeito) son 504 ha de 408 veciños.

Enlace ao decreto da zona de Montes de Fao e Novefontes (Touro):

Enlace ao decreto da zona de Baltar-Golán-Grobas (Melide):

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page