Entre outras doenzas inclúe a Enfermidade Hemorráxica Epizoótica (EHE)
Laura Moure/Xeral
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde da Consellería do Medio Rural que regula a concesión de indemnizacións polo sacrificio obrigatorio de animais en execución de programas e actuacións oficiais de vixilancia, control e erradicación das súas enfermidades, e pola que se convocan estas achegas para o ano 2024.
A convocatoria conta cun orzamento total de 974.268 euros e abrangue o gando sacrificado ou morto por diferentes doenzas, entre elas a causa da Enfermidade
Hemorráxica Epizoótica (EHE), trala declaración oficial do primeiro foco desta doenza por
parte da autoridade competente en sanidade animal. Neste sentido, cómpre lembrar que
estas compensacións cubrirán, con carácter retroactivo dende setembro pasado -mes da
chegada da enfermidade a Galicia-, todas as mortes de reses que se constate que foron
causadas por esta doenza.
Publicidade
Do mesmo xeito, inclúe tamén as mortes por posibles reaccións adversas fronte a vacina
da lingua azul, no marco da campaña de vacinación fronte a este enfermidade. Outras
doenzas ás que fai referencia a orde son a tuberculose, a brucelose, a leucose ou a lingua
azul no gando vacún, ovino e cabrún, así como as diferentes encefalopatías
esponxiformes transmisibles. Do mesmo modo, tamén se inclúen a salmonella -no caso de
aves reprodutoras ou poñedoras-, a gripe aviaria ou as pestes clásica ou africana, no que
atinxe ao gando porcino.
Publicidade
Explotacións inscritas no rexistro xeral
Entre os requisitos que se esixen para acceder a estas compensacións están o de que as
explotacións afectadas estean correctamente inscritas no rexistro xeral de explotacións
gandeiras (REGA). As contías das indemnizacións serán as que estean en vigor en cada
momento, segundo os baremos ou prezos oficiais aprobados polo Ministerio de
Agricultura, Pesca e Alimentación e publicados no Boletín Oficial do Estado.
Publicidade
O prazo para a presentación das solicitudes e, se é o caso, da correspondente
documentación complementaria, abrirase desde o día seguinte ao da publicación desta
orde no DOG e ata o vindeiro 29 de novembro de 2024.
Ligazón á orde no DOG:
コメント