top of page

O documental 'Regueifando con Pracer' proxéctase en Lalín

O documental está protagonizado por rapazas regueifeiras de Vila de Cruces, o Courel e Compostela

Ecos da Comarca/Lalín

Este mércores 4 de marzo ás 19:30 proxectarase no Edificio Sociocultural Manuel Rivero en Lalín o documental "Regueifando con Pracer", unha peza impulsada desde "aopaso" e SRA.Placerful, dirixida por Cora Peña e producida por Trespés Filmes.

O documental está protagonizado por rapazas regueifeiras de Vila de Cruces, o Courel e Compostela e gravouse de forma íntegra na comarca de Deza, entre o IES Marco do Camballón e a contorna de Carboeiro.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Trátase dunha peza que combina intimidade e comunidade, prosa e verso, a través de conversas e coplas arredor da sexualidade. 

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar con nós!
Preme na imaxe para contactar con nós!

A proxección chega a Lalín grazas á colaboración de Azos Feministas, camiñando cara ao 8M como a primeira das súas actividades da vindeira semana. 



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page