top of page

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a aprobación definitiva do PXOM de Silleda

O equipo redactor ultima as modificacións requeridas para refundir no documento, que entrará en vigor cando se inclua no Rexistro de Planeamento Urbanísitico de Galicia


Laura Moure/Lalín

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou hoxe a orde pola que se aproba definitivamente o Plan Xeral de Silleda, un documento polo que o municipio leva décadas agardando e que marcará o seu futuro. A publicación é un trámite administrativo máis no camiño para a entrada en vigor do documento, que se fará efectiva unha vez esté no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia.


O equipo redactor do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Silleda está a ultimar estes días todas as modificacións planteadas pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. A falta de varias concreccións no plano económico, as modificacións recollidas na orde da aprobación definitiva están prácticamente listas para volver a dilixenciar todo o refundido do planeamento.

O pasado 23 de decembro o alcalde, Manuel Cuiña, e a conselleira, Ángeles Vázquez, asinaban a orde de aprobación definitiva do ansiado PXOM de Silleda, nunha xornada histórica. Entre os requerimentos da Xunta destaca a supresión dunha das zonas catalogadas como Solo Urbanizable de Desenvolvemento, a Área de Reparto da Carballeira da Bandeira.


O Concello asinara xa no ano 2014 convenios urbanísticos co 70% das persoas propietarias para desenvolver a zona de Solo Urbanizable Delimitado Residencial con vivendas unifamiliares, ca correspondente cesión de espazos ao Concello de Silleda, neste caso da carballeira da localidade da Bandeira, onde se desenvolve a histórica Festa da Empanada e que pasaría a ser de titularidade pública.


O documento ten por obxectivo principal favorecer o desenvolvemento equilibrado e sustentable do territorio, elevando así a calidade de vida e cohesión social da poboación, e sempre tendo como prioridade a potenciación do patrimonio natural e cultural existente. Partindo deste obxectivo principal, o documento incorpora solucións para frear a dispersión das edificacións, potenciando o actual sistema de núcleos, fomentando a conservación das súas zonas orixinarias, os desenvolvementos urbanísticos, defender e preservar os valores naturais e culturais e lograr novos espazos públicos.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

O PXOM tamén potencia a zona norte do núcleo de Silleda como espazo ligado a usos terciarios, e a zona este como espazo ligado a usos industriais. Os núcleos urbanos tenderán a medrar con dotacións tanto de equipamento coma de espazos libres e zonas verdes, así coma con servizos urbanísticos. Con isto pretendese acadar un desenvolvemento sostible e un incremento da calidade de vida da poboación.


Os solos destinados a usos industriais son os denominados SUD-I1, SUD-I2 e SUD-I3, ubicados respectivamente en A Mera –onde está o parque empresarial Área 33- , en Chapa e en Siador para regularizar industrias existentes. En todo caso os crecementos industriais concentranse ao redor do solos urbano de Silleda facilitando as comunicacións e a dotación de servizos urbanísticos.




Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page