Os puntos logrados xunto a Álex Moure no Rallye Ourense-Ribeira Sacra suficientes para
lograr o subcampionato
Laura Moure/Deza
Coa calculadora na man, desprazouse o JRT Motorsport ó 11º Rallye Ourense-Ribeira Sacra, coa firme intención de lograr os puntos necesarios para conseguir de forma matemática o subcampionato da Copa R5 e tamén da Top Ten A. O piloto de Vincios, Alberto Meira viña de proclamarse Campión tanto da Top Ten A como da Copa R5, despois do Rallye Pazo Tizón. Na cita ourensá, os dezás Javier Ramos e Álex Moure competían a bordo do Peugeot 208 T16 R5, diante dunha competencia importante xa que ademais do mencionado Meira, estaban presentes na proba o palense Luis Vilariño, Jorge Pérez e Iago Caamaño que firmaron as 4 primeiras posición da clasificación xeral. No quinto lugar, asentáronse os líderes da Copa N5, Josito Lamela -Néstor Casal.
O 6º posto foi para Javier Ramos e Álex Moure, nun rallye no que a climatoloxía cambiante foi determinante á hora de elexir neumáticos. As tormentas complicaron a elección rodas polo que en ocasións tocou correr treitos mollados con rodas de seco. “O rallye comezou na especial de Castro de Beiro cun asfalto completamente seco na tarde do venres. O sábado todo mudou e tivemos un primeiro bucle complicado no que as reglaxes do Peugeot non eran as axeitadas. A partires de aí, e tralo paso pola asistencia, recuperamos posicións e ascendemos ata a 6ª praza marcando uns bos rexistros respecto
das referencias que tiñamos de 2022", sinalan.
Publicidade
No último bucle, apuntan, "de novo a presenza de choiva (con rodas de seco) fixo que tivésemos que baixar o ritmo e garantizar chegar á meta para sumar os puntos necesarios para lograr, no apartado de pilotos, o subcampionato da Copa R5 e tamén da Top Ten A.”
No apartado de copilotos, pese a non asistir a dúas probas, Álex Moure ocupa a terceira posición provisional tanto da Copa R5 como da Top Ten A e precisaría dous resultados máis para poder rematar no pódium de ambas copas de promoción.
Publicidade
A vindeira proba do Campionato Galego de Rallyes é o 45 Rallye San Froilán, que se celebrará en Lugo os vindeiros 20 e 21 de outubro.
Comments