top of page

O dezá Diego Reboredo acada a vitoria co filial Gimnástica de Pontevedra

Na mesma fin de semana o Club Escola Atletismo Deza participou no Campionato Provincial de Equipos da categoría Su 10 e Sub 12 individual


Laura Moure/Deza

O Club Escola Atletismo Deza felicita a dous dos atletas do Club que nesta fin de semana competiron en Vigo con dous equipos filiais.


O sábado pola mañá, a deportista Marta Lázara competiu co A Silva de Ordes (filial do Deza na categoría feminina) no Campionato Galego de Equipos da categoría Sub 18. Lázara acadou unha segunda posición en lanzamento de xavelina e a mesma en lanzamento de peso, sumando así case a máxima puntuación nas dúas probas para o equipo, que acadou finalmente un sexto posto na proba.

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Pola súa banda, o mesmo día pola tarde Diego Reboredo participou coa Gimnástica de

Pontevedra (filial do Deza na categoría masculina) no Campionato Galego de Equipos da

categoría Sub 16. O deportista lalinense acadou un segundo posto en lanzamento de disco, proba na que conseguiu a mellor marca persoal con 41 metros. Este gran resultado sumouse aos demais obtidos polo equipo que acadou a vitoria.


"Dende o Club destacamos que estes dous atletas fixeron unha gran participación e

demostraron a gran calidade deportiva que temos no Deza".

Campionato Provincial

Así mesmo, nesta fin de semana o Club tamén participou no Campionato Provincial de

Equipos, que tivo lugar en Pontevedra. Nesta ocasión, o equipo do Deza debutou na categoría Sub 10 mixto cun equipo, na que tiveron que facer as probas de 50 m, 400m, salto de lonxitude, salto de altura, lanzamento de peso, lanzamento de pelota e 4x50 remudas. O Club finalmente acadou unha cuarta posición.


Tamén tivo lugar a proba Sub 12 individual, na que se competía contra as/os mellores atletas da Provincia. Nesta proba participaron unha vintena de deportistas de Deza, que gozaron desta proba e acadaron boas marcas.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page