top of page
Foto del escritorecosdacomarca

O deseño gráfico protagoniza hoxe a nova formación do Plan de dinamización do Viveiro de empresas de Silleda

Máis de 100 persoas participarán hoxe no magosto do Centro Social dos Maiores da Bandeira


Ecos da Comarca/Silleda

O Concello de Silleda continúa coas accións do Plan de dinamización do Viveiro de empresas, impulsado en colaboración coa Fundación Roberto Rivas. Durante o mes de outubro, despois da sesión do pasado xoves sobre o márketing en Instagram e Facebook e estratexias para mellorar a conversión, o engagement e o posicionamento nas redes sociais, toma o relevo o deseño. Así, hoxe día 31 celebrarase unha nova sesión (de 18:00 a 20:00 horas) centrada no deseño gráfico para deseñadores non profesionais utilizando a ferramenta Canva.

As persoas participantes aprenderán a crear contidos visuais atractivos de forma sinxela, sen necesidade de coñecementos avanzados de deseño, e explorarán as posibilidades de Canva, tanto na súa versión gratuíta como premium. Esta formación é de especial interese para aqueles que buscan mellorar a presentación visual do seu negocio ou proxecto en redes sociais, boletíns ou catálogos. Para participar, é necesario levar un portátil.


As prazas son limitadas e é preciso inscribirse previamente a través dun formulario en liña, nesta ligazón.


Publicidade

O Plan de dinamización do Viveiro de empresas de Silleda, que arrancou en setembro, está deseñado para apoiar o tecido empresarial local e mellorar a súa competitividade a través de formacións prácticas e adaptadas ás necesidades actuais. En setembro desenvolvéronse dúas accións centradas no marketing dixital e atención ao cliente, co obxectivo de proporcionar ferramentas eficaces aos emprendedores e pequenos negocios. Esta iniciativa continuará ofrecendo novas formacións gratuítas ata finais de ano.


Por outra banda, máis de 100 persoas participarán hoxe no Centro Social dos Maiores da Bandeira nun magosto a partir das 18:00 horas. Haberá castañas asadas, e tamén empanada, pinchos variados, postre e bebidas. O prezo é de 12 euros por persoa.


Publicidade

A animación musical correrá a cargo de Suso de Melide. Esta actividade forma parte da programación de Silleda Activa, que tamén inclúe propostas lúdicas con diferentes celebracións ao longo do ano.

0 comentarios

留言


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page