top of page

O Desafío Serra do Candán 2024 xa supera os 500 inscritos

Foto del escritor: Laura Moure / IsmaelRSLaura Moure / IsmaelRS

A proba terá lugar o 1 de xuño e  este ano como movidade, haberá retransmisión en streaming que facilitará o seguimento por internet de toda a carreira


Laura Moure/IsmaelRS/Lalín

Autor: Ecos da Comarca.

Este mércores tivo lugar a presentación do Desafío Serra do Candán 2024 que se disputará o 1 de xuño. Xunto co concelleiro de Deportes de Lalín, Avelino Souto, Antonio Agulló, Juan Varela e Fernando Alva debullaron polo miúdo tódolos detalles da proba. Destaca o bo número de inscricións que a día xa supera os 500 inscritos, así como a calidade dos corredores que disputarán a proba. Ademais, este ano como movidade, haberá retransmisión en streaming que facilitará o seguimento por internet de toda a carreira.


Toda a presentación no noso vídeo:

Resaltaron tamén a gran contribución que para o turismo da comarca ten o marcado permanente dos percorridos que fai que ano a ano máis xente se acerque a Serra a correr ou facer sendeirismo.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

Por último invitouse a todos a que acudan a animar e ver a proba e para isto a organización facilitou un mapa cos puntos de interese.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

"Dende a organización damos a grazas o Concello de Lalín pola gran axuda que nos presta, e neste caso por facilitarnos a súa sala de prensa para facer a presentación. Así mesmo agradecemos os medios de comunicación que se acercaron para contribuír a difusión do evento".


Os interesados poden inscribirse na plataforma de championchipnorte.com


Enlace de seguimiento e puntos de interés



0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page