Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

O deporte dezá non para de recolectar vitorias

Mariem Khallouk proclamouse campiona galega de lanzamento de peso, Christian Costoya gañou no circuito italiano de Sarno e o equipo de Kung Fu Rodeiro tamén triunfou


Ecos da Comarca/Deza

O deporte dezá está en racha e durante esta fin de semana varios deportistas recolectaron éxitos, como foi o caso, de Mariem Khallouk, Christian Costoya e o equipo de Kung Fu de Rodeiro.


Este sábado celebrouse o XXXVII Campionato galego escolar de Kung fu en Lugo. Entre os participantes encontrábanse rapaces de Rodeiro os cales acadaron moi bos resultados. Todos os equipos de Rodeiro viñeron cun trofeo.


En concreto os de Rodeiro todos obtiveron algún trofeo. — Equipo amarelo benxamín: segundo posto. — Equipo amarelo infantil: segundo posto. — Equipo verde alevín: terceiro posto.


"Os deportistas de Rodeiro que compiten no equipo de Lalín tamén fixeron un excelente campionato", indica o alcalde de Camba, Rubén Quintá.

Autor: Rodeiro Alcaldía.


Mentres, o Concello de Silleda informou este domingo de dúas vitorias de deportistas deste municipio.


A atleta silledense Mariem Khallouk, do Clube Escola Atletismo Deza, vén de proclamarse campiona galega de lanzamento de peso sub20.