O DeporCampus Cabreiroá consagrase en Silleda un ano máis cunha participación sobresaínte
- Laura Moure

- 18 jul
- 1 min de lectura
Laura Moure/Silleda
O DeporCampus Cabreiroá rematou onte nas instalacións municipais do Campo de Fútbol de Silleda Joselu Mato – Outeiriño. Nenos e nenas, de 6 a 14 anos, disfrutaron ao longo desta semana das actividades dirixidas polos monitores das actividades promovidas dende a Fundación RC Deportivo da Coruña.

Na clausura desta sexta edición, con entrega de diplomas e sorteo de agasallos, participaron dende o Concello a alcaldesa, Paula Fernández Pena, e os concelleiros de Educación e de Transición Ecolóxica, Ángela Troitiño e Manuel Rebolo, respectivamente.
PUBLICIDADE
Na xornada de clausura tamén estivo presente o futbolista silledense Sergio Cortizo, que a vindeira tempada xogará no Xuvenil B do RC Deportivo da Coruña. A súa presenza foi moi especial para os rapaces e rapazas participantes, cos que compartiu un tempo de convivencia
PUBLICIDADE
A alcaldesa destacou tamén a importancia de iniciativas como o DeporCampus Cabreiroá para fomentar a práctica deportiva entre a infancia e a mocidade, promovendo hábitos de vida saudables, o compañeirismo, o respecto e os valores asociados ao deporte. Fernández subliñou ademais a colaboración entre o Concello de Silleda e a Fundación RC Deportivo para seguir achegando ao municipio actividades deportivas de calidade que favorezan a conciliación familiar durante o verán.








Comentarios