Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa presenta a programación de Nadal 2021-2022

Laura Moure/Arzúa

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa xa ten preparada a programación de Nadal 2021-2022 que dará comezo o mércores, día 8, coa celebración do noveno Día do Comercio Local. Esta complétase con música, contacontos, concursos e ca tradicional Cabalgata de Reis entre outras actividades.


As actividades terán continuidade co que se presenta como novidade no programa de actos deste ano. Trátase do ciclo de música para público adulto Nadal Sonoro que ofrecerá tres concertos na Capela da Madanela ás 21:00 horas.


O xoves 16 actuará o dúo formado por Cristian Leggiero e Paty Lesta cun recital homenaxe á música galega con temas clásicos adaptados a voz e piano. O xoves 23 será a quenda para o trío Jazztá e o 30 de decembro para a solista Su Garrido Pombo.


O venres 17 ás 21:00 levarase a cabo tamén na Capela da Madanela a proxección da curtametraxe The Monkey dirixida por Xosé Zapata e Lorenzo Degl ́Innocenti e que

recentemente acadou a candidatura á mellor curta de animación na 36 edición dos premios Goya. Nese mesmo día tamén terá lugar a votación popular do Concurso de carteis anunciadores da 47 Festa do Queixo en horario de 12:00 a 14:00 e de 18:30 a 20:30. As propostas presentadas a este concurso poderanse ver na Madanela do 20 ao 23 de decembro e os días 3 e 4 de xaneiro de 18:30 a 20:30.


O mércores 22, coincidindo coa feira quincenal coñecida neste caso como Feira de Nadal, farase o tradicional reparto dos calendarios 2022 elaborados polo Concello para agasallar á veciñanza e tamén se celebrará a Ruada do Apalpador coa visita deste acompañado de música tradicional en directo. Ambas iniciativas arrincarán ás 12:00 do mediodía na entrada do Multiusos Terra do Queixo.


A partir do luns 27 de decembro a programación céntrase especialmente no público infantil e familiar con varios espectáculos no Multiusos Terra do Queixo ás 18:00. O día 27 actuará o Trío Detrés cun espectáculo musical e có