top of page

O departamento de Benestar Social organiza unha viaxe a Andalucía en outubro

Será do 16 ao 20, ambos incluidos, visitando cidades como Sevilla, Córdoba e Granada


Ecos da Comarca/Silleda

O departamento de Benestar Social, que dirixe Ángela Troitiño, a través do Club do Centro Social dos maiores, organiza para o vindeiro mes, do 16 ao 20, unha excursión á comunidade de Andalucía, con interesantes visitas a distintas localidades.


Publicidade

As inscricións (serán necesarias 35 persoas mínimo para a realización da viaxe) poden facerse no Centro Social de Silleda a partir deste mércores día 13 ata o vindeiro venres día 22. O prezo, con todo incluido, é de 615 euros.

O luns 16 está previsto xantar e visitar a cidade de Salamanca, e pola tarde realizar unha parada en Cáceres antes de chegar a Sevilla, onde haberá dúas pernoctas.


O martes 17 visitarase a capital andaluza con guía oficial. O mércores 18 está previsto visitar Granada, e a Alhambra (a entrada está incluída no prezo). A expedición trasladarase o xoves 19 ata Córdoba e o venres día 20 emprenderase a viaxe de volta con xantar en Plasencia e visita a Zamora.


Publicidade

O prezo inclúe todas as comidas, entradas a monumentos, servizo de guías oficiais e seguros. Para participar, as persoas que o desexen deben anotarse de xeito presencial dende este mércores día 13 e ata o venres 22 no Centro Social de Silleda.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page