Ecos da Comarca/Dozón
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou as obras de ampliación e mellora do camiño de Reboredo, no concello de Dozón.
Publicidade
Os traballos permitirán renovar esta zona e crear unha vía máis confortable e segura para
a veciñanza e as múltiples explotacións gandeiras da zona. Esta reforma é posible grazas
a un convenio de colaboración coa Xunta de Galicia, que investiu nesta iniciativa máis de
46.000 euros.
Publicidade
Reguera destacou a importancia da colaboración entre institucións especialmente nos
concellos máis rurais onde “unha estrada renovada é unha aposta de futuro e un paso
máis no difícil reto de facer do noso rural un lugar atractivo e cómodo para vivir”.
コメント