Rehabilitou os muíños do Rego do Pontiñas
Laura Moure/Lalín
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, participou este venres na clausura do obradoiro de emprego dual financiado pola Xunta con máis de medio millón de euros no Concello de Lalín. Neste obradoiro, que tivo unha duración aproximada dun ano, participaron un total de 20 alumnos e alumnas que se dividiron entre as especialidades de Auxiliar de albanelería de fábricas e cubertas e Repoboación forestal e tratamentos silvícolas.

Os participantes puideron aprender da man de grandes profesionais todo o necesario para
poder desenvolverse profesionalmente nestas áreas. Ademais, os estudantes participaron
durante un ano nas clases teóricas e nas formacións prácticas remuneradas, que os
levaron a desenvolver todo tipo de proxectos que beneficiaron directamente ao seu
concello.
Publicidade
Entre estas iniciativas destacan a rehabilitación e restauración dos Muíños do Rego de
Pontiñas, un espazo que conta agora cun aspecto totalmente renovado e que o delegado
puido visitar antes do inicio da entrega de diplomas.
Publicidade
Durante a súa intervención no acto de clausura, Reguera felicitou ao alumnado polo “gran
traballo logrado cos muíños” e asegurou que “agora locen moito mellor que hai uns meses,
cando tiven a oportunidade de pasar por aquí e aínda estabades traballando na súa
rehabilitación”. O delegado territorial aproveitou para lembrar que este ano vanse levar a cabo máis dunha decena de novos obradoiros nos concellos da Área Territorial de Pontevedra, por unha inversión de preto de sete millóns de euros. Entre eles volve estar o Concello de Lalín, que nesta ocasión contará cos cursos de Atención sociosanitaria en domicilio e institucións e Xardinería.
Comentarios