O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, realizou unha visita institucional a Arzúa
- Laura Moure
- 21 may 2021
- 1 Min. de lectura
Laura Moure/Arzúa
O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, realizou unha visita institucional ao Concello de Arzúa acompañado pola subdelegada do Goberno na Coruña. Alí mantivo unha reunión co alcalde do municipio, José Luis García, e coa tenente de alcalde, Begoña Balado.
No encontro avaliaron as actuacións que executa o Ministerio de Transportes na rehabilitación da Casa de Correos para centro cultural e a obras que efectúa a Demarcación de Estradas en resposta ás demandas do goberno local. Entre elas a mellora de pasos de peóns e obras de drenaxe na travesía do casco urbano e en varios puntos da autovía ao seu paso polo municipio. Estas actuacións terán continuidade ata completar as demandas pendentes.

Comments