top of page

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visita o persoal do centro de formación de Melide

Concretamente, tivo a oportunidade de asistir a celebración do curso de cociña que forma a 10 alumnos cunha achega da Xunta de 37.299 euros


Laura Moure/Melide

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou onte os alumnos e docentes do centro de formación de Melide (U.A.F), que depende da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade. Concretamente, tivo a oportunidade de asistir a celebración do curso de cociña que forma a 10 alumnos cunha achega da Xunta de 37.299 euros.


Nesta instalación estanse a desenvolver en total tres cursos nos que se están a formar 33 alumnos que contan cun investimento da Xunta de máis de 66.0000 euros.

A Xunta de Galicia dispón na área de Santiago doutros tres centros en Ames, Santiago e Negreira. Entre os catro ofrecen 495 prazas de formación para desempregados en 33 cursos diferentes, o que supón un investimento da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade de máis de 661.300 euros.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Trenor destacou que á hora de programar a formación que se imparte nestes centros a Xunta de Galicia ten moi en conta “as necesidades do tecido produtivo de cada unha das zonas, co fin de adaptar os perfís profesionais do alumnado ás demandas actuais das empresas”. Por iso, os cursos que se imparten nestes centros abranguen áreas como xardinería, estética, informática, carpintería, atención socio sanitaria ou cociña.

O delegado da Xunta tamén sinalou que “a formación é unha peza clave para mellorar a empregabilidade dos galegos e galegas, xa que non hai mellor política social que a política de emprego”.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page