top of page

O día 6 celébrase en Palas o Levels Fest 2024, un evento musical benéfico polos afectados pola Dina

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Palas de Rei

Este venres, 6 de decembro, celébrase en Palas de Rei o Levels Fest 2024, un evento musical con carácter benéfico polos afectados da Dina. Este festival musical, que se celebra no Polígono de Palas a partir das 22:30 horas, foi presentado polo alcalde de Palas, Pablo Taboada, xunto co concelleiro, Amando Sande, e os organizadores do Festival.


O Festival, conta coas actuacións da orquestra París de Noia, Inmita Palmera, Carlos López, MRJ e Marcos Magán. As entradas aínda se poden adquirir a través da plataforma de Woutick. ou nos locais asociados.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada, manifestaba que “é o segundo festival de carácter benéfico que se organiza en Palas de Rei. O primeiro, foi en 2023, contra o cancro infantil e este ano é polos afectados das inundacións a consecuencia da Dana. Este tipo de iniciativas solidarias, sempre axudan a facer máis levadía unha difícil situación, de ahí, agradecer á organización o traballo que están a facer para sacar a diante un festival con gran poder de convocatoria”.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page