top of page

O día 25 terá lugar en Palas a “V Andaina contra a Violencia de Xénero ao Castelo de Pambre”

Esta iniciativa é gratuita, pero é preciso inscribirse previamente


Laura Moure/Palas de Rei

Con motivo da conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, ese mesmo día, vaise a realizar a “V Andaina contra a Violencia de Xénero ao Castelo de Pambre”, unha actividade colectiva na que se pretende mesturar deporte e solidaridade, así como visibilizar dito problema social e manifestar a implicación e compromiso na loita contra o mesmo.

A andaina de Palas de Rei polo 25 N do ano pasado.

As persoas participantes saíran as 11:00 horas dende diante do Concello de Palas de Rei, situado na Avenida de Compostela, nº 28, e percorrerán os 8 quilómetros que separan a Praza do Concello do Castelo de Pambre pasando polas parroquias do Carballal, Curbián, A Ulloa e Sambreixo, para rematar no Castelo de Pambre, emblema deste municipio e da Comarca da Ulloa. Con esta andaina cuxo lema é Non máis Violencia contra as Mulleres, preténdense denunciar a violencia de xénero nas súas diferentes manifestacións, tentando amosar a repulsa e rexeitamento contra esta lacra social e sensibilizar sobre a importancia de valores como o respecto e a igualdade entre homes e mulleres.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Dende o CIM de Palas, alentase á participación cidadá, tanto de asociacións, colectivos, como de toda a veciñanza, non só de Palas de Rei, senón que tamén doutros Concellos, a que se unan nesta andaina reivindicativa, o día 25 de novembro en Palas de Rei. Os participantes deberán inscribirse previamente na dependencias do Concello ou no Centro de Información a Muller de Palas, a inscrición é gratuíta.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Os teléfonos de contacto son: CIM 982 380 003/Cultura 629 324 528. Unha vez concluída a andaina no Castelo de Pambre, a organización dispón, de transporte gratuíto que trasladará aos participantes ao punto de inicio da andaina, isto é, diante do Concello palense.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Este ano participa como socio colaborador desta andaina o grupo empresarial Jim Sports, expresando así o seu compromiso co deporte e coa igualdade e que suma os seus esforzos na consecución do logro dunha sociedade libre de violencia de xénero.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page