top of page

O cuarteto de corda afincado en Portugal Sergey Arutyunyan Ensemble actúa hoxe en Arzúa

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Interpretará obras de Albinoni, Bach, Pergolesi, Marcello e Vivaldi


Laura Moure/Arzúa

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa continúa coa programación da sétima edición de Outono a escena que está a dinamizar as fins de semana dos meses de outubro e novembro con actuacións de artes escénicas e musicais para todos os públicos. O programa cultural continúa hoxe, venres, 7 de outubro, co primeiro espectáculo dos Venres na Capela con propostas para público adulto. O concerto de Sergey Arutyunyan Ensemble promovido por Peregrinos Musicales terá lugar ás 21:00 horas.

Trátase dun cuarteto de corda xunto con este violinista afincado en Portugal, descendente da prestixiosa escola de corda de San Petersburgo. Sergey estará acompañado dun conxunto de músicos de talla internacional que vai interpretar obras de Albinoni, Bach, Pergolesi, Marcello e Vivaldi.


A Asociación de Peregrinos Musicales é unha asociación sen ánimo de lucro que foi creada en 2011 pola pianista Ilona Timchenko. Entre os proxectos da entidade están, entre outros, a organización do Festival de Peregrinos Musicais, o ciclo Arte do piano ou O Teu Xacobeo no que se encadra esta actuación de hoxe en Arzúa.

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Durante o espectáculo poderase ver de novo a exposición de pintura Fraxilidade, unha colección de cadros de Manuel Rodríguez Varela. O acceso será libre e gratuíto ata completar o aforo.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page