top of page

O cruceño Emilio Montilla, subcampión absoluto no Trail de Vitres, en Boiro

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Deza

Esta fin de semana varios depostista do Clube Deportivo Biosbardo estiveron presentes nas comarcas occidentais galegas: “Trail de Vitres” en Boiro, popularmente coñecido como trail dos “indios”, que se achega ás ruínas do castelo que coroa os montes da zona, pragada de restos de calzadas romanas e na Media Maratón “Costa Soavela”, que percorre a comarca e todo o litoral de Aldán, no concello de Cangas do Morrazo. E de novo destacou o cruceño Emilio Montilla.

"O mellor resultado biosbardo chegou novamente para o deportista cruceño Emilio Montilla, quen realizou unha carreira moi intelixente nos 25 quilómetros e 1.400 metros de ascenso dos que constaba o Trail de Vitres. Montilla realizou unha carreira moi segura, pasando na terceira posición polo punto máis alto da proba, para colocarse segundo xa na última baixada e recortando distancias co coruñés Miguel Vázquez, que sería o gañador da proba".


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Na mesma modalidade, o rabadense Iván Sangiao remataba na 5ª posición. "No “trailiño” ou distancia curta da proba, foi a caldense Enara Fernández quen tivo o mellor resultado para as nosas, entrando no ‘top 10’ absoluto grazas á súa 9ª posición".


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

En Cangas do Morrazo, o ponteareán Guillermo Grandal voltaba á competición na media distancia despois do descanso estival nunha proba que se caracteriza pola súa dureza, posto que “Costa Soavela” percorre o litoral a través dos sendeiros, praias e montes que o conforman. "Guillermo acadou baixar das 2h de carreira, un obxectivo ambicioso dadas as características".


0 comentarios

Bình luận


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page