Ecos da Comarca/Vila de Cruces
Esta fin de semana os combinados do C.D.Biosbardo percorreron as catro provincias galegas: Sarria, Xermade, Coruña, Ames, Compostela, Parada de Sil ou Vigo foron as localidades que acolleron as nosas citas máis destacadas.
Publicidade
CARREIRA CANÓNS DO SIL (TRAIL)
ENEKO HURTADO – CAMPIÓN
FRAN SOBRADO – SUBCAMPIÓN
Ata Parada de Sil desprazáronse os dous deportistas para a proba máis explosiva que percorre os balcóns que dan nome á proba, os Canóns do Sil. En máis de 7k tiveron que superar os 400 metros de ascenso para coroarse campión e subcampión nesta proba tan esixente, na que a choiva foi a protagonista. Eneko Hurtado dominou a proba de principio a fin, descolgándose nos últimos quilómetros de Fran Sobrado, compañeiro de equipo. Ámbolos dous cruzaron a meta afianzando o liderato lucense na proba.
Publicidade
DESAFÍO INTERNACIONAL ECOCAMIÑO 110K (RFEA)
Proba do calendario internacional da RFEA con saída ás 8 da mañá en Sarria e meta no Monte do Gozo. O cruceño Emilio Montilla domina a súa categoría (M50) cun tempo de
10h 52minutos afianzándose como 4o absoluto da clasificación xeral (a moi poucos minutos do podio absoluto).
Esta é a primeira participación de ‘Milo’ nunha proba desta distancia, que culminou de xeito moi satisfactorio e o coloca como 1o clasificado no ranking galego da modalidade “ultra” en trail running.
Publicidade
Comments