top of page

O cruceño Emilio Montilla queda subcampión de España M55

Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O Biosbardo Clubdeportivo estivo a pasada fin de semana no Campionato de España de Trail, que se desputou na localidade pontevedresa de Caldas de Reis e logrou dúas medallas! A maiores, na propia proba, o Trail Laxe dos Bolos tivo lugar unha carreira puntuable para o ranking galego, nos 20 quilómetros.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

"Estivemos en Caldas de Reis, no Trail Laxe dos Bolos que na súa distancia longa celebraba o Campionato de España de Trailrunning individual. Foron 43 quilómetros duros, con máis de 2.400 metros de desnivel positivo donde os nosos deportistas estiveron unha vez máis dando o máximo", recalca o club,


CHARO FIGUEROA – Campioa de España F40

Unha carreira dura, na que a nosa deportista, afincada en Bueu foi a máis, cada vez a máis, meténdose no top15 do campionato feminino e proclamándose campioa de españa da súa categoría.

Emilio Montilla.
Emilio Montilla.

EMILIO MONTILLA – Subcampión de España M55

Loitador coma sempre, ao cruceño tocoulle sufrir, problemas físicos o lastraron perdendo postos e sufrindo para chegar a meta. "Un subcampionato de España moi merecido", salienta.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar con nós!
Preme na imaxe para contactar con nós!

TRAIL LAXE DOS BOLOS – OUTROS RESULTADOS

4 metais na proba de 20km puntuable para o Ranking Galego da FGA e a selección galega.

María Frey Campioa Absoluta nos 20k. "Tras gañar a semana pasada con autoridade en Ames, esta fin de semana chegou a Caldas enchufada e non deu chance. ¡¡Parou o crono

por debaixo das 2 horas!! E levouse tamén o premio especial no tramo cronometrado.

A súa compañeira, a burelá Carla Trillo acompañaría a María no 3º caixón do podio sendo a súa primeira competición despois da súa lesión en febreiro".


Sergio García quedou Subcampión Absoluto 20k, protagonizando unha carreira loitada que se lle escaparía por pouco nos últimos quilómetros de descenso.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page