top of page
Foto del escritorecosdacomarca

O cruceño Emilio Montilla queda campión máster e a veciña de Dozón Tamara García logra o 4º posto absoluto no Trail Terras de Burón

Ecos da Comarca/Deza

Esta fin de semana deron comezo as competicións oficiais de trail running coa desputa do Trail Terras de Burón, Fonsagrada. Este evento congregaba ós mellores especialistas de Galicia posto que outorga a máxima puntuación de cara ó ranking galego, desputándose nunhas paraxes idílicas e unha meteoroloxía excepcional para esta época do ano. O nivel da competición era altísimo, entrando as e os primeiros clasificados en meta con escasa marxe, cunha competición onde os ataques foron constantes ata a mesma liña de meta. O C.D. Biosbardo, que esta tempada aliña competidores das catro provincias galegas, desputou as dúas distancias de ranking oficial absoluto: A maratón de 45 km e o trail de 30 km.


Publicidade

RESULTADOS 30K:

FEDERICO LOSADA CONDE – BRONCE ABSOLUTO

Golpe de autoridade para o deportista ourensán, que asina un debut soñado coa elástica biosbarda. A intensidade da competición foi tanta que os tres primeiros entraron con menos de 40 de marxe; “Fico” liderou o penúltimo ataque, intentando descolgarse e loitar pola vitoria, que finalmente caeu nas mans de Anxo Cid e a prata de Martín Fontán.


Con este resultado Fico ascende postos no ranking galego posicionándose na 5ª posición absoluta, en postos de selección agora mesmo.


EMILIO MONTILLA – CAMPIÓN MASTER

Manténdose á zaga, entrando a moi pouca distancia de “Fico” en meta, o cruceño “Milo” Montilla fíxose co 5º posto absoluto da clasificación xeral e coroándose como campión na categoría de veteráns. Con este resultado entra dentro do top10 do ranking galego de trail running.

Tamara García

TAMARA GARCÍA – 4º POSTO ABSOLUTO

Carreira impresionante, ás portas do podio e que merece mención especial. A carreia dominada pola inglesa Georgia Tidley desputouse igual que a dos varóns, cunha loita final ata a liña de meta, neste caso con catro mulleres; se ben a atleta de Dozón foi 4ª o nivel amosado por Tamara foi de estar loitando de ti a ti coas mellores corredoras de Galicia, ascendeno ó 7º posto do ranking, ás portas da Selección Galega.


Publicidade

Non todo foron ledicias, xa que os tamén debutantes Borja Varela (natural da Fonsagrada) e Fanny Abelenda (Laracha) non puideron rematar a proba, dada a proximidade do campionato galego optaron (intelixentemente) polo abandono procurando chegar ben á compentición do 18 de febreiro, en Muros.


MARATÓN 45K:

Estrea da distancia no coñecido como “Trail do Inverno”; o rabadense Iván Sangiao entraba no top10 absoluto, acompañado de preto polo competidor natural de Pedrafita, Jonathan Pérez, que se situou 13º.


Publicidade

CAMPIONATO DE GALICIA

"A seguinte parada será o campionato de Galicia de Trail Running que se desputará en Muros, o 18 de febreiro, onde os nosos deportistas competirán individualmente e por equipos, donde se decidirán os postos finais da Selección Galega", sinala o clube.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page