O C.D. Biosbardo fai doblete nos Campionatos de España
Ecos da Comarca/Xeral
Esta fin de semana a localidade avulense de Candeleda, ós pés da Serra de Gredos albergaba dúas xornadas cun doble campionato estatal: o sábado 14, o Campionato de España de Subida Vertical e o domingo 15, Campionato de España de Carreira de Montaña O C.D. Biosbardo doblou cita, estando ámbalas xornadas representado por Tamara García, veciña de Dozón, en categoría feminina e o cruceño Emilio Montilla en categoría masculina.
Publicidade
CAMPIONATO DE ESPAÑA DE SUBIDA VERTICAL EMILIO MONTILLA BRONCE M50
"Cun tempo de 53 minutos, o noso deportista facíase co bronce de categoría nunha proba de 7 quilómetros e 1.040 metros de ascensión. Montilla gardou forzas ata o último tramo onde conseguíu distanciarse dos seus perseguidores e afianzar a 3ª posición, sendo o mellor galego en meta. Pola súa parte Tamara García facíase cunha meritoria 27ª posición
absoluta cun tempo de 1h10’ en meta", sinala o clube.

CAMPIONATO DE ESPAÑA DE CARREIRAS DE MONTAÑA
Marcado pola fatiga da xornada anterior, e cunha xestión de carreira á altura dos grandes
atletas, Emilio Montilla proclamouse subcampión de España de Carreira de Montaña en categoría M50. Tras pasar a parte intermedia en 6ª posición a remontada foi intensa, chegando a tan só 15 segundos da vitoria.
Publicidade
"Con este resultado os deportistas do C.D. Biosbardo, actuais campións galegos por equipos continúan o seu afianzamento dentro do trail galego, ampliando a base dos distintos equipos á par que se miden cos mellores do plantel nacional coa vista posta nas vindeiras competicións", sinala o clube.
Kommentare