O cruceño Emilio Montilla destaca no dobre campionato de España celebrado en Huesca
- ecosdacomarca
- 9 jun
- 2 Min. de lectura
Tamén obtivo bos resultados a veciña de Dozón Tamara García
Ecos da Comarca/Deza
Parte do combinado do Club Deportivo Biosbardo desprazouse ata Canfranc (Huesca) para desputar na mesma fin de semana o doble campionato de España que se desputaba no entorno “Canfranc-Pirineos”, curiosamente os mesmos sobre os que se desputará o mundial de World Athletics en setembro (Campionato do mundo de montaña e trail running).
CAMPIONATO DE ESPAÑA VERTICAL (uphill)
O sábado 7, sobre un trazado de 6,5 km un ascenso constante desde Canal Roya de 980 metros positivos ata facer cumbre no pico Larraca, a 2278 metros de altitude. Queraron
Federico Losada, subcampión de España M45 e o cruceño Emilio Montilla, subcampión de España M50.

"Gran estratexia dos nosos, controlando a carreira e desputando ata o final a súa categoría, moi boa estratexia dos dous, idéntica: mativeron a posición ata a falta de 1km donde se deixaron atacar, controlando así a carreira e lanzando un ataque na última “pala” de ascenso para asegurar o posto de categoría. Gran estratexia e dous subcampións de España. Pola súa banda, a veciña de Dozón Tamara García, nunha das categorías máis reñidas, acadaba o 33º posto da clasificación xeral, sendo a mellor das galegas", destaca o club.
CAMPIONATO DE ESPAÑA DE CARREIRAS DE MONTAÑA
O domingo 8, un trazada polo bosque do barranco de Epifanio, cun doble bucle en forma de M nun total de 14,5 km e case 800 metros de desnivel, con saída e meta na histórica estación internacional de Canfranc. Desta volta, Federico Losada quedou subcampión de España M45 e o cruceño Emilio Montilla, bronce de España M50.
Publicidade
"Nunha carreira moi desputada, unha loita constante desde o principio e cun ritmo infernal que acometeron os atletas do máximo nivel nacional, os nosos deportistas mantiveron a tranquilidade na primeria parte, atacando na segunda. Pola súa parte Federico Losada afianzou a segunda posición, alonxándose do 3º, mentres que Emilio Montilla atacaba na última baixada recortándolle case un minuto ó segundo clasificado pero conformándose co bronce por 15 segundos", apunta o club. "Gran carreira tamén de Tamara García e Enara Fernández", engade.
"Con este resultado aumentan as medallas do CD Biosbardo nos campionatos de España vertical e carreiras de montaña respecto do ano anterior.
Comments