top of page
Foto del escritorLaura Moure

O cribado realizado este sábado en Lalín saldouse cun único positivo

A asistencia foi do 62,5% porque das 208 persoas citadas asistiron só 130


Laura Moure/Lalín

O Concello de Lalín informou esta tarde que se acaba de coñecer os resultados do cribado realizado este sábado para veciños da parroquia de Barcia e outros pequenos colectivos. Levouse a cabo no centro de saúde da localidade e asistiu o 62,5% da poboación citada. "O cribado que se desenvolveu de xeito ordenado e que arroxa un único positivo de entre as 130 persoas que acudiron ao centro médico lalinense na tarde do sábado para a realización da PCR sobre os 208 persoas citadas", indica o alcalde do municipio, José Crespo.

O cribado realizado este sábado en Lalín.

Autor: Concello de Lalín.


"Aínda que a priori é unha boa nova que haxa un só positivo, malia que o desexable sería que acudisen unha maior porcentaxe á realización da proba, insisto en que non cómpre baixar a garda. Hai que actuar con responsabilidade e tino no noso día a día, cumprindo a raxatabla as normas, para intentar deter a curva", recalca Crespo.


Cabe mencionar que este luns Lalín, xunto a Silleda e Melide, serán os municipios das catro comarcas que entrarán no nivel medio de limitacións tras estar no mínimo.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page