top of page

O creador de 'Españoles en el Mundo' chega á Ulloa e a Terras de Melide co seu novo proxecto

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

El Camino Interior é unha serie documental de Miguel Ángel Tobías que recorrerá o Camiño de Santiago e estará acompañado polo presentador Pedro García Aguado


Laura Moure/ Terra de Melide e A Ulloa

O creador do programa Españoles en el Mundo, Miguel Ángel Tobías, chega a Galicia co seu novo proxecto: El Camino Interior. É unha serie documental de 16 capítulos na que recorrerá o Camiño de Santiago desde León a Fisterra. Miguel Ángel iniciou este domingo a etapa de Palas de Rei a Melide acompañado de Pedro García Aguado, presentador, escritor e conferenciante.

García Aguado e Tobías este domingo na etapa Palas de Rei/Melide.


Xuntos compartirán sensacións e emocións, que leven á reflexión e á acción. Unha viaxe

motivadora na que tratarán temas como os valores, a familia, o desarrollo persoal, a superación, o traballo en equipo, as adicións, a presión ou a xestión do éxito/fracaso.


Sobre Pedro García Aguado

Formou parte do 'dream team' español, subcampión olímpico no Xogos Olímpicos de Barcelona'92, campión en Atlanta'96 e medalla de ouro nos Mundiais de Perth’98. Un dos mellores deportistas que deu o waterpolo español. Ao mesmo tempo que competía ao máis alto nivel, estaba inmerso na voráxine das drogas, o alcohol e as festas nocturnas. En 2008 volveu á actualidade co libro Mañana lo dejo. O seu papel como condutor do programa televisivo Hermano mayor, que abordaba trastornos de conduta entre adolescentes, proporcionoulle unha gran fama.


Sobre Miguel Ángel Tobías

Director, presentador, guionista e conferenciante, Miguel Ángel Tobías é recoñecido por ser

o creador de formatos de éxito como Españoles en el Mundo. Os seus proyectos caracterízanse por ter un enfoque social e solidario. Proba disto, algún dos seus últimos

traballos como El guión de tu vida no que mostra que é posible superar a adversidade. Un impulso cinematográfico para aportar esperanza e optimismo en medio desta situación. En El Secreto de Ibosim, o reto foi crear a primeira película de cine sostible e con pegada carbono 0 da historia


El Camino Interior é a aposta que este ano a produtora Acca Media decidiu levar a cabo cumprindo co seu compromiso de crear un proxecto social solidario anual. A data de estreno, aínda por concretar, publicarase a través dos medios de comunicación e das redes sociais.


As novidades sobre a rodaxe poderán seguirse no perfil de Instagram @interiorcamino e @accamedia

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page