top of page

 O CPXG reclama ao Concello de Palas que esixa a titulación para o posto de directora da radio

Ecos da Comarca/Palas de Rei

O pasado 3 de febreiro, o Boletín Oficial da Provincia de Lugo publicaba as "Bases que rexerán os procesos selectivos convocados polo Concello de Palas de Rei para cubrir as prazas de estabilización de emprego temporal incluídas na Oferta de Emprego Público de 2022". Entre as prazas que recollen as bases, inclúese a de "Directora da radio", para a cal só se solicita estar en posesión dun "grao universitario, licenciatura, enxeñería, arquitectura ou equivalente".

O decano Francisco X. González Sarria, en representación da Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, enviou o 21 de marzo unha misiva a Pablo José Taboada Camoira, alcalde de Palas de Rei, na que lle lembra que unicamente a titulación en Xornalismo, Comunicación Audiovisual ou, no seu defecto, a colexiación, "pode garantir que a información relacionada co seu concello sexa tratada de forma profesional e con calidade para a cidadanía". Por esta razón, solicita a revisión das bases para garantir que se esixa a titulación adecuada a este posto de traballo, de evidente carácter xornalístico. Ademais, en aras da transparencia, o Colexio de Xornalistas solicita coñecer as bases específicas que rexen a convocatoria desta praza. O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, como entidade que representa legalmente os e as xornalistas galegas, e en cumprimento do obxectivo de defensa da profesión que marcan os seus estatutos, lembra tamén ao alcalde de Palas de Rei que a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) asinou o ano pasado o Compromiso público polo emprego e a profesión xornalística, que defende a contratación de xornalistas nos postos de comunicación da administración pública.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Por todo iso, solicita que o goberno municipal de Palas de Rei subscriba este acordo e que os postos xornalísticos do Concello sexan cubertos por persoas coa titulación ou colexiación correspondente, como garante da calidade na información.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page