Pide que as persoas que pasaron por este centro lles envíen material relacionado co colexio
Ecos da Comarca/Touro
Con motivo da celebración dos 50 anos da inauguración do CPI Fonte Díaz de Touro, dende o centro, queren preparar unha exposición con materiais da historia do colexio.

"Precisamos que entre todos e todas fagamos memoria, que remexades no voso baúl dos recordos e que nos enviedes aqueles materiais relacionados co voso paso polo colexio (tanto como profesorado ou como alumnado). Buscamos cadernos, libros, tarefas, traballos manuais e fotos realizados entre o ano 1974 e o ano 2000. Para que poidades recuperar as vosas cousa, pedímosvos que o que enviedes veña ben identificado con nome, apelidos do alumno ou alumna (si está no colexio) e de ser unha aportación de unha persoa que non ten cativada no cole, con nome, apelidos e número de teléfono",
Os interesados poden facer as súas achegas antes do 9 de marzo. "Unha vez que a exposición estea montada, convidarémosvos a que pasedes a visitala. Moitas grazas pola vosa colaboración. Entre todos e todas construímos memoria!".
Comments