A proba xuntou a 1.400 nenos e nenas da comarca de Santiago
Ecos da Comarca/O Pino
O CPI Camiño de Santiago, de Arca, conseguiu este venres cinco podios por equipos na fase zonal do campionato de campo a través organizado por Xogade (Xunta de Galicia) en colaboración coa Federación Galega de Atletismo. Preto de 1.400 nenos e nenas das categorías dende alevín ata cadete participaron nas probas disputadas na área recreativa
da Madalena, coa colaboración do Concello do Pino. O alcalde, Manuel Taboada, e
concelleiros do equipo de goberno entregaron as medallas e trofeos aos gañadores.
Os mellores atletas do Pino foron Xoel Oero Rial e Martín Pazos Sánchez. Xoel foi o gañador da proba infantil masculina, que se disputou sobre unha distancia de 1.500 metros. Martín Pazos quedou segundo na carreira benxamín masculina.
Publicidade
A participación de 135 atletas do Pino facilitou que na clasificación por equipos, o CPI
Camiño de Santiago subise cinco veces ao podio. Os equipo dos colexio de Arca foron
segundos nas categorías benxamín e cadete feminina, e terceiros nas categorías benxamín, infantil e cadete masculina.
Publicidade
Durante toda a mañá 1.400 nenos e nenas procedentes de colexios da comarca de Santiago estiveron participando nas diferentes probas organizada pola Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, a través do programa Xogade, en colaboración coa Federación Galega de Atletismo e co Concello do Pino. Estas probas, ademais, son clasificatorias para o campionato provincial, que se celebrará o vindeiro mes de marzo de 2024 en Porto do Son.
Publicidade
O alcalde, Manuel Taboada, e os concelleiros Borja Castro, Eva Varela e José Manuel Carreira entregáronlle as medallas e os trofeos ás e aos atletas e equipos gañadores.
As clasificacións desta proba pódense consultar na páxina web da Federación Galega de
Atletismo, neste enlace (preme aquí)
Comentarios