O corredor melidense Óscar Lugris do GTR Trail Run consegue un tremendo posto en Canfranc-Canfranc
- ecosdacomarca
- 14 sept 2021
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Melide/Deza
O corredor de Melide Óscar Lugris, xa coñecido no palmarés galego por numerosos podiums, conseguiu un tremendo posto, 22 da xeral e 12 na súa categoría, na primeira carreira da Copa do Mundo WMRA en España, no maratón Canfranc-Canfranc.

Lugris, do GTR Galaico Trail Run, realizou o traxecto en 14 horas e 42 minutos que foi o tempo que tardou en percorrer 70 quilómetros con case 7.000 metros de acumulado positivo polas montañas do Pirineo, Canfranc-Canfranc. "É unha das probas máis duras do calendario Europeo, que transcorre por riba dos 2.000 metros de altitude e por sendeiros moi técnicos e de gran dureza física e mental", indica o GTR. "O corredor do GTR ben de acadar un impresionante tempo o alcance de moi poucos, xa que había representación de Francia, Italia, Alemania, EEUU...", engade.
Comments