top of page

O consumo precoz á pornografía centra a sétima edición de Tempo da Psicoloxía

Hoxe e mañá celébrase o ciclo de faladoiros que promove o Colexio de Psicoloxía e a USC aberto a todo o público e que se pode seguir en streaming


Ecos da Comarca/Xeral

Hoxe, xoves 20 comeza a sétima edición de Tempo da Psicoloxía, o ciclo de faladoiros que organizan o Colexio de Psicoloxía e a Facultade de Psicoloxía da USC e que ao longo de dous días abordará as consecuencias do consumo temperán á pornografía, fácil e masivamente accesible a través de internet, cunha palestra e unha conferencia.

foto

Estas xornadas están abertas a todo o público, son gratuítas e poden seguirse tanto de maneira presencial coma online. No caso da primeira opción, realizaranse na propia Facultade de Psicoloxía en Santiago de Compostela: o acceso é libre e non se necesita inscrición previa; mentres que o streaming estará dispoñible en https://tempodapsicoloxia.gal/.


Publicidade

ANUNCIO
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

O acceso temperán a unha pornografía de xeito masivo a través de internet é unha cuestión que preocupa polo seu impacto na infancia e na adolescencia. A falta dunha educación sexual e afectiva, xunto  con este consumo en idades moi temperás, impacta no seu desenvolvemento emocional, psicolóxico e social. A distorsión da realidade sobre a sexualidade e as relacións, o risco de comportamentos sexuais problemáticos ou violentos, así como o impacto negativo na súa educación sexual, son algunhas das consecuencias deste consumo, que tentará abordar dende distintas ópticas a sétima edición de Tempo da Psicoloxía.


O xoves 20 de febreiro terá lugar a palestra, moderada pola xornalista Marga Tojo. Nela participarán Cristina Sanjuán Vázquez, experta en protección da infancia e unha das autoras do informe (Des)información sexual: pornografía y adolescencia. Un análisis sobre el consumo de pornografía en adolescentes y su impacto en el desarrollo y las relaciones con iguales, publicado por Save The Children; Sandra Sanmartín Feijoo, doutora en Psicoloxía Social que en 2024 liderou un estudo na Universidade de Galway sobre a relación entre a pornografía e as actitudes cara ás agresións e a violencia entre adolescentes; e Inma Araújo López, psicóloga da Asociación Alborada e integrante do programa VINCO de intervención con menores con condutas sexuais abusivas e/o inadecuadas.

PUBLICIDADE
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

 Rematará o venres 21, cunha conferencia no marco do Día da Psicoloxía Académica, de Berta Aznar-Martínez, doutora en Psicoloxía da Educación e profesora da Universidade Ramón Llull, onde coordina o mestrado en prevención, detección e intervención da violencia sexual desde unha perspectiva interdisciplinar.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page