top of page

O Consorcio Galego escoitou as demandas sobre a Escola Infantil de Arzúa

Pero o alcalde do municipio, Xoán Xesús Carril, lamenta que dera unha resposta negativa con respecto ao Centro de Día


Ecos da Comarca/Arzúa

O alcalde do Concello de Arzúa, Xoán Xesús Carril, e o concelleiro de Facenda e Contratación, Daniel Moscoso, foron recibidos polo xerente do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar Social, Perfecto Rodríguez. No transcurso da reunión presentouse un informe elaborado polo técnico do Concello onde se sinalaban os investimentos necesarios na Escola Infantil e tamén trataron un tema moi demandado polas veciñas e veciños de Arzúa, que é a construción dun Centro de Día.

O Concello está a levar a cabo todos os traballos de mantemento e de conservación da Escola Infantil de Arzúa dende a sinatura do primeiro Convenio no 2008. Presentáronselle a Perfecto Rodríguez unha serie de actuacións que van máis aló do mantemento, que son altamente demandadas dende fai tempo polas profesoras, nais e pais das crianzas, como o cambio do pavimento en dúas aulas, a substitución das portas e dos aseos para que cumpran a normativa vixente, a reposicición da parte pendente da cuberta, a instalación dunha marquesiña na zona de acceso ao centro ou a substitución da lona que cobre o patio exterior ao contar con numerosas filtracións.


Publicidade

O xerente do Consorcio Galego comprometeuse a enviar un técnico canto antes para poder valorar de primeira man as necesidades que lle trasladaron os representantes do Concello. “Alégranos que o Consorcio Galego se faga eco das nosas demandas. É necesaria a súa colaboración para realizar investimentos e ter unha Escola Infantil moderna e adaptada á normativa vixente. Esperamos que estas actuacións se acometan no próximo verán.” expresou o rexedor.


Publicidade

Por outra banda, á saída da reunión o mandatario mostrou a súa decepción ante a negativa do representante do Consorcio de incluir Arzúa dentro dos concellos onde se van construir centros de día, por consideralo inviábel. “ O 40% de poboación de Arzúa é maior de 60 anos, temos a obriga de dar resposta ás necesidades e servizos que demanden as veciñas e veciños de Arzúa e non deixaremos de solicitar esta infraestrutura” e engadiu que “o goberno municipal de seguirá a traballar para que Arzúa teña un Centro de Día, a pesares da negativa dada polo Consorcio Galego de Igualdade e Benestar Social da Xunta de Galiza.”


NOTICIA RELACIONADA:




0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page