top of page

O Consello de Ministros aproba o fin da obrigatoriedade das máscaras en espazos interiores

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Será a partir de mañá, 20 de abril, pero haberá ámbitos nos que deberá manterse o seu uso


Ecos da Comarca/Xeral

O Consello de Ministros aproba o fin da obrigatoriedade das máscaras en espazos interiores a partir de mañá, 20 de abril, pero haberá ámbitos nos que deberán manterse a súa utilización.

Desta maneira, as máscaras seguirán sendo obrigatorias tanto para os traballadores como para os visitantes en centros, servizos e establecementos sanitarios. Tamén para as que persoas se atopen ingresadas cando estean fose das súas habitacións.


Así mesmo, continuará sendo obrigatorio o uso de máscaras para os traballadores e visitantes nos centros sociosanitarios en zonas compartidas e mantense a obrigatoriedade das máscaras no transporte aéreo, por ferrocarril ou por cable e nos autobuses, así como nos transportes públicos de viaxeiros.

Na contorna laboral, con carácter xeral, de maneira xeral, non resultará preceptivo o uso de máscaras. Con todo, a avaliación de riscos do posto de traballo será a que permitirá tomar unha decisión sobre as medidas preventivas adecuadas que deben implantarse, incluído o posible uso de máscaras.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page