O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes reúnese co alcalde de Lalín
- ecosdacomarca
- 3 jun 2024
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Lalín

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, mantivo esta mañá un encontro de traballo co alcalde de Lalín, José Crespo, para coñecer de primeira man as necesidades deste concello e avaliar posibles vías de colaboración desde a Xunta que contribúan á execución dos seus proxectos.
Publicidade
O Goberno galego mantén un firme compromiso coas administracións locais a través de distintas liñas de axudas que permitiron o ano pasado o impulso de máis de 600 iniciativas municipais, cun investimento de 27,2 millóns de euros.
Publicidade
Comments