top of page

O condutor dun turismo foi excarcerado despois de saírse da vía co seu vehículo en Dozón

O accidente produciuse esta madrugada

ree

Urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

Autor: Ecos da Comarca.


Ecos da Comarca/Dozón

Un home resultou ferido, e tivo que ser excarcerado, despois de saírse da vía o turismo que conducía ao seu paso polo concello de Dozón. O accidente ocorreu ao fío das 02:30 horas da madrugada de hoxe. Segundo a información facilitada ao 112 Galicia pola persoa particular que efectuou a chamada de alerta, o home –e único ocupante do vehículo- sufriu unha saída de vía mentres conducía pola estrada que une as localidades da Rocha e da Gouxa, precisamente ao pasar o pobo da Lagoa, e necesitaba axuda tras quedar atrapado no interior do vehículo, tal e como informa o 112 Galicia.


A partir de aí, os xestores do 112 alertaron axiña aos Bombeiros do Deza e ao GES de Lalín que acudiron ao lugar do accidente e fixeron uso do material de excarceración para liberar ao ferido. Para garantir as condicións de seguridade na vía, ata o punto tamén desprazáronse os axentes da Garda Civil de Tráfico.


Unha vez rematadas as labores de excarceración, o condutor foi evacuado polos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 ao centro hospitalario de referencia.

Cómpre sinalar que este operativo tamén contou coa colaboración dos membros de Protección Civil de Lalín.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page