top of page

O Concurso Balbino abre o prazo de presentación dos textos orixinais na súa 11ª edición

O nome do certame foi un acordo co escritor cruceño Xosé Neira Vilas, autor da obra máis internacional da literatura galega, Memorias dun neno labrego


Laura Moure/Vila de Cruces

Desde onte e ata o martes 30 de xuño deste ano 2026 poderanse presentar

os textos para participar na undécima edición do Concurso Balbino. Convén recordar que o nome do concurso foi un acordo co escritor cruceño Xosé Neira Vilas, autor da obra máis internacional da literatura galega, Memorias dun neno labrego. Erixíndose este Concurso como unha homenaxe ao protagonista do libro, Balbino, dando nome a este concurso, así como á temática principal que deben ter os orixinais presentados ao

concurso literario que se centran nas tres partes máis destacadas na vida de Balbino, o rural, o mar e a emigración.

Bases

O Concurso Balbino ten periodicidade anual e poden participar persoas de calquera idade ou nacionalidade. O prazo para remitir os escritos finalizará o martes 30 de xuño de 2026. A obra presentada poderá estar composta dun único relato ou de varios, pero sempre cunha extensión comprendida entre 100.000 e 200.000 caracteres con espazos.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

O idioma empregado na escrita ten que ser o galego e a temática debe estar baseada no rural, no mar ou na emigración. Todas as persoas interesadas en participar poderán acceder ás bases do Concurso na páxina web www.concursobalbino.com


En canto á elección da obra gañadora, esta correrá a cargo dun xurado profesional de recoñecido prestixio que dará a coñecer o fallo no mes de setembro, momento no que dará comezo o proceso de publicación para efectuar a entrega oficial do premio e a presentación do libro no último trimestre deste ano 2026.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!
Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!

No que respecta ao premio, a persoa autora da obra gañadora recibirá un premio dobre. Por unha banda, unha cuantía económica por valor de 1.500 euros e, por outra, a publicación da obra por Edicións Fervenza.


Colaboradores

O Concurso Balbino conta coa colaboración da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia, o departamento de Cultura da Deputación de Pontevedra, o departamento de Cultura da Deputación de Ourense, a Fundación Xosé Neira Vilas, e os concellos de Boqueixón, Silleda e Vila de Cruces.


Edicións anteriores

Indicamos as obras e autores/as gañadores por orde cronolóxica de 2016 a

2025:

  • Camiños na sombra, de Xián Lois Alcayde Dans (A Coruña).

  • De que falarán as árbores, de Ricardo Cid Paz (Ourense).

  • Máis alá do río do esquecemento, de Ricardo Ferreiro Almeda (Sevilla. Natural de Allariz, Ourense).

  • Banda Sonora Orixinal, de Pablo Nogueira Campo (O Carballiño, Ourense).

  • Bica de Montouto, de Pepe Peinó (O Valadouro, Lugo).

    Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
  • Gumes entre a néboa, de Xosé Alfredo Naz Fernández (Vigo).

  • A comuna de Valdonelle, de Carlos Neira Suárez (Ferrol).

  • Loucine, de Clara Martín (Ourense).

  • O meigallo dos soños, de Juanjo Lamelas (Ourense).

  • As donas da noite, de Lionel Rexes (Alfoz, Lugo).



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page